SECCIÓNS
Galiza celta
documentos
onomástica
persoeiros
ligazóns
música
surf

¿Isto que é?

Nesta páxina tentei incluír un pouco de todo aquilo que se me ocorreu
e me pareceu oportuno, aínda que para este site calquera cousa é
oportuna :) . A verdade é que xa a mudei mil veces de servidor e
outras mil de formato( penso que cada vez queda mellor, modestia
aparte) pero agora que criei o meu propio dominio xa estou máis a
gusto e incluso co formato, aínda que este último pode sufrir
pequenas variacións sen importancia a parte das actualizacións que
por suposto tentarei facer cando teña tempo e ganas. Si te preguntas
o porque do nome "valledor.net" pode que na sección de onomástica
atopes a resposta (o de .net foi porque o .com xa estaba ocupado)

· Galiza celta
Esta sección é o resumo dunha das partes do libro "Historia
cronolóxica dos países celtas" de Jakez Gaucher (Edicións do Castro)
no que concirne a Galiza(ou Galicia, como máis che guste). Nel falase
dos celtas dende o S. VIII a.C. ata a actualidade, polo que esta
sección aínda non esta completa. Irei incorporando novos textos
paulatinamente ata rematar.

· Documentos
Nesta sección poderás atopar escritos que teñen que ver con todo un
pouco, pero sobre todo coa cuestión de discusión universal que tenta
esclarecer o porque do subdesenrolo mental de Fraga e o maior
subdesenrolo da xente que lle vota (se ti es un deles proba a beber
lixivia,¡a conejo é a que ten mellor padal!). En conclusión as cuestións
de tipo político priman nesta sección.

· Onomástica
Na elaboración desta sección tamén contei coa axuda dun libro
, "Diccionario dos Nomes Galegos" ( Ir indo ). Tentei incluír a
etimoloxía daqueles nomes e apelidos menos frecuentes e que che
custaría máis traballo atopar noutra fonte de información. Esta sección
tamén lle irei aumentando o contido paulatinamente

· Persoeiros
Nesta sección aparecen todo tipo de "elementos" que polas súas
características extraordinarias atraeron a miña atención. Por suposto
esta sección non tiria sentido sen as correspondentes fotos(cando
merque cámara aparecerán tamén vídeos, polo que aínda te
escarallarás máis) e os pe de foto que inclúen información biográfica,
e por tratarse de xente especial, tamén se inclúe a súa lenda

· Ligazóns
Nesta sección xa sabes o que vas atopar. Incluína porque quedaba
ben,¿ a que si? Ou ¿a que non?

· Música
Isto non sería o que é sen os HEREDEIROS. Agora ben se vas entrar
aquí coa intención de descargar de balde música súa, podes facelo,
pero non a atoparás :) ,soamente atoparas fotos e letras. Si poderás
descargar música, de balde, doutras bandas que me gustan menos,
co cal non quero dicir que sexan malas.

 


Podes enviarme as críticas, suxerencias ou comentarios o meu milio----> valledor@valledor.net

© Copyright valledor.net - 28/10/00